Arquivos do blog

sábado, 31 de marzo de 2012

Para comezar!

Qué é un edublog e para qué serve?

Os edublog son aquelas "weblogs" cuxa finalidade é apoiar o proceso de ensinanza-aprendizaxe nun contexto educativo.

Estas ferramentas educativas considéranse idóneas para publicar contidos secuenciais, inmediatos, individuais e breves. Tomando isto como base a continuación amosarei algúns usosque se poden facer deles, situándome nun contexto educativo e polo tanto tendo presente o alumnado e o profesorado do mesmo.

Os usos que pode facer o profesorado dos edublog son os seguintes:

  • Dar acceso a recursos tales como poden ser: apuntes, exercicios, lecturas... externos ao propio blog.
  • Publicar material docente, de carácter breve, no propio blog (mediante un artigo de texto corto, imaxes, vídeo, podcast, liña temporal, etc.)
  • Proporcionar instrucións sobre as tarefas a levar a cabo polo alumno.
  • Establecer aclaracións, comentarios, ampliacións, etc. do tratado na clase presencial.

Os usos que pode facer o alumnado dos edublog son os seguintes:

  • Exposición concisa de resultados sobre determinada materia.
  • Exposición de ideas ou opinións.
  • Diario do traballo realizado tanto na aula coma fóra dela.

Qué tipos de ferramentas ou programas podemos empregar para a creación dun blog?

Para crear un blog, o primeiro que debes facer é entrar preferentemente enwww.blogger.com, esta páxina pertence a Google, o cal é o motor de procura máis empregado no mundo. Unha vez alí, deberás crear unha conta ingresando a túa direción de mail, e creando un contrasinal (a direción de mail non debe ser obrigatoriamente de GMAIL). Despois, a creación do blog é moi doada, pois só deberás seguir os pasos, poñendo o nome e a direción do blog que desexas crear.

As ferramentas de mantemento de weblogs clasifícanse, principalmente, en dous tipos: aquelas que ofrecen unha solución completa de aloxamento, gratuíta (como Freewebs, Blogger e LiveJournal), e aquelas solucións consistentes en software que, ao ser instalado nun sitio web, permiten crear, editar e administrar un blog, directamente no servidor que aloxa o sitio (como é o caso de WordPress ou de Movale Type). Este software é unha variante das ferramentas chamadas Sistema de Xestión de Contido (CMS), e moitos son gratuítos. A mezcla dos dous tipos é a solución planteada por Wordpress.

A continuación explicarei de maneira máis detallada algunhas das ferramentas empregadas para a creación dos blogs:

  • WordPress: trátase dunha das ferramentas máis populares e empregadas polos usuarios para a creación de blogs. A través de sinxelos pasos poderás ter listo o teu blog en pouco tempo. Ao ser un dos xestores de contidos máis extendido, conta cunha gran cantidade de plugins que aportan maior funcionalidade á nosa páxina web.
  • Windows Live Writer: é unha ferramenta que forma parte do paquete Windows Live Essentials de Microsoft. Con esta aplicación poderás xestionar o contido do teu blog de forma sinxela, poderás comprobar cóma vai quedar a través da técnica WYSIWYG, editar imaxes e vídeos, e ademáis, é perfectamente compatible coa maioría de servizos de blog.
  • Textpattern: trátase dunha alternativa para aqueles que non sexan moi amigos da linguaxe HTML, xa que emprega un sistema chamado Textile que converte calquera texto HTML para que se poida publicar. Conta con diferentes plantillas para a creación de formularios e un editor de CSS integrado.

Cales son as utilidades educativas dun blog?

Os blogs pódense empregar na aula como unha ferramenta de comunicación dado que, establecen este acto de maneira informal, entre o mestre e o propio alumno; promoven a interación social ao mesmo tempo que dotan ao alumnado con un medio persoal para a experimentación do seu propio aprendizaxe, fomentan o debate, constrúen a nosa propia identidade, créanse comunidades de aprendizaxe, son doados de manexar sempre e cando teñas adquiridos un coñecementos previos acerca da tecnoloxía dixital.

Que usos farías dos blog na aula?

Os blog serían empregados como un medio para coordinar proxectos de investigación online, sería unha boa ferramenta de mellora da lectura, da procura. Servirían para compartir materiais de audio e vídeo co resto de compañeiros e compañeiras, e como non, para que o mestre poidese compartir aquelas cousas de grande interese (apuntes, novas...) co alumnado, de maneira vitual.



No hay comentarios:

Publicar un comentario